Axenda da finde
Esta vai ser unha finde moi musical, na que se presentará o proxecto GAC "Carballo mirando ao mar"
VENRES
Concerto Birimbao e Os dous de sempre+1. Pazo da Cultura. 21.00h. Hoxe, ás nove da noite, concerto dobre no Pazo da Cultura para presentar o proxecto GAC "Carballo mirando ao mar". Os dous de sempre+1 chega de Ares para ofrecernos unha abano de sonoridades variadas onde o folk está moi presente e se combina con outros ritmos como os boleros. Birimbao, banda tamén moi apegada ao folc, presentará o seu disco "Nena do mare".
SÁBADO
-Presentación do primeiro EP de Apart. Pazo da Cultura. 22.30h. A banda carballesa Apart presenta este sábado o seu primeiro EP, "Waiting so long", catro cancións que queren amosar as diversas sonoridades da banda. Un traballo de acento moi carballés, que leva mesmo a nosa praia máis coñecida, Razo, na súa capa. Más info nesta entrevista.
DOMINGO
Sendeirismo polas "Terras do Marqués". O domingo, a asociación ambiental "Senda Nova" levanos por "As terras do marqués", unha ruta que se inicia xunto ao Pazo de Gontade, en Ardaña e remata xunto aos Pazos de Vilardefrancos e As Pallas, en Artes. Máis info aquí.
Sendeirismo. De Camariñas a Muxía. Será a sexta etapa do Camiño dos Faros, un total de 32 quilómetros que unirán dúas das localidades costeiras máis coñecidas da Costa da Morte. A quedada será ás 08.30h. no bar O Xardín, na entrada de Muxía, desde onde se trasladará aos sendeiristas ao inicio da ruta en bus. Máis info aquí.