Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Razo

Compartir:

Razo

Solpor en Razo

Solpor en Razo

Praia de Razo

Praia de Razo

Extensión: 8,58 km²
Poboación: 815 habitantes

Razo é, sen lugar a dúbidas, a parroquia máis turística de Carballo. O seu litoral é non só un concorrido areal, dotado de todos os servizos, senón tamén unha paraxe de grande importancia natural e xeolóxica. Está recoñecido como espazo natural protexido, integrado en Rede Natura, e nel poderás atopar toda unha curiosidade xeolóxica: os restos dunha praia fósil, formada no cuaternario

Razo é unha praia coidada, limpa e accesible. O areal esténdese até máis aló de Baldaio, e pode enorgullecerse de ser un dos máis amplos de Galicia. Nel practícanse deportes como o surf, o parapente, o voleipraia ou a pesca submarina.

En Razo comeza un dos accidentes xeolóxicos máis importantes de Galicia, a Depresión Meridiana, importante fondeira que cruza Galicia de norte a sur, até Tui.

Fermosas vistas ao Atlántico ofrécenos o miradoiro de Santa Mariña. Dende este punto podes iniciar a Ruta dos Pinos até Malpica, en bicicleta, ou, a pé, a Ruta das Praias.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader