Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A axenda da finde

Compartir:

A axenda da finde

Esta fin de semana poñeremos o broche de ouro ao Festival Internacional de Teatro. Por Carballo pasarán, entre outros, Rafael Álvarez

VENRES

Teatro con "Otelo". Ás 21.0h no Pazo da Cultura. A compañía chilena El viaje inmóvil volve ao FIOT para representar Otelo, unha peza clásica moi actual, con foco na violencia machista. Actores/as e marionetas comparten escenario, mais non queda tan claro quen pende dos fíos que outros guían. Máis info aquí.

Estrea da curta "Déixate levar. Na Barra Bar ás 00.30. Nunha noite de Samaín coma esta unha rapaza sae de marcha polos pubs carballeses, mais a noite non remata como espera. Ángel Losada  dirixe esta curta cun equipo case todo el carballés. Con esta peza de suspense, quere reivindicar o Samaín fronte a importación norteamericana que o Halloween é. Máis info aquí.

SÁBADO

Rafael Álvarez

Teatro con "El asno de oro". Ás 21.00h. no Pazo: O actor Rafael Álvarez "El brujo" tráenos ao noso Festival Internacional de Teatro unha peza do teatro clásico latino, "El asno de oro", considerada unha das xoias da literatura universal. Será estrea en Galicia.  Máis info aquí.

Concerto con Trocotombix. Sala A Reserva. A partir das 21.30h. Este sábado, a Sala A Reserva trae á banda valenciana Trocotombix, un grupo de death metal grindcore, cun directo atronador do que se di que resulta atronador e cheo de forza. Máis info aquí.

DOMINGO

Sendeirismo. De Camariñas a Muxía. Será a sexta etapa do Camiño dos Faros, un total de 32 quilómetros que unirán dúas das localidades costeiras máis coñecidas da Costa da Morte. A quedada será ás 08.30h. no bar O Xardín, na entrada de Muxía.

Teatro con "Livingstone 30/40". Ás 21.00h. o Pazo.  O cinematográfico Sergi López, considerado un dos mellores intérpretes europeos,  estará en Carballo o domingo, para representar, xunto co actor Jorge Picó unha peza que ten a idea de expedición, de procura de aventura, como centro. Ás 21.00h. no Pazo. Máis info aquí.

TODA A FINDE

"Dálle un bocado ao FIOT".  Un total de 16 locais hostaleiros carballeses preparan, para os días de función en sala, os seus bocados especiais para o FIOT, o noso Festival Internacional de Teatro.  A 2 euros, a 3 as merendas.

Poderás saborear un “Edipo”, un “La vida es sueño”, un "Don Juan Tenorio" ou un "Incerto señor don Hamlet", entre outros menús teatrais. Todas as persoas que consuman no "Dálle un bocado ao FIOT" entrarán no sorteo para unha entrada a unha función de sala na vindeira edición do festival, así como cea, aloxamento e almorzo nun estabelecemento carballés. Toda a info nesta ligazón.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica