Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Doce horas en bici de montaña

Compartir:

Doce horas en bici de montaña

Circuíto BTT en Carballo

Será toda unha proba de resistencia. A asociación Media Ducia organiza por sexto ano o circuíto BTT 12 horas, unha proba de bicicleta de montaña lúdica e non competitiva na que poderán participar tanto deportistas profesionais como persoas afeccionadas.  

Comezará ás 10 da mañá do sábado, 23 de agosto, nas pistas do polígono industrial de Bértoa e rematará 12 horas máis tarde, ás 10 da noite. Gañará quen máis voltas consiga dar ao circuíto de dez quilómetros ao longo da xornada.

Está edición, con máis de 300 persoas inscritas, será a máis concorrida de todas as celebradas até o de agora. Dada a dificultade da proba, haberá modalidade individual e por equipos de até catro membros, co fin de que poidan darse o relevo ao longo do percorrido.

As e os corredores deberán ser maiores de idade. Só se permite a participación dalgún menor sempre que estea controlado en todo momento por un titor adulto. Haberá circuíto de xincana para as e os peques que asistan.

Ao remate da proba, a organización entregaralles o diploma de ouro a aquelas e aqueles participen que superen os 200 quilómetros e o diploma de prata para quen realice un percorrido comprendido entre 150 e 200 quilómetros. Tamén haberá diploma de bronce para quen non supere os 150 km.

Máis información nesta ligazón.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica