Axenda da finde
A Feira Medieval do barrio da Milagrosa protagoniza a finde en Carballo. Ademais, carreira popular e exposición colectiva de artistas da zona nas nosas cafetarías, pubs e tascas.
Feira medieval
O barrio carballés da Milagrosa, un dos de maior dinamismo comercial da vila, viaxa ao Medievo. De venres a domingo terá lugar a primeira edición da feira medieval, con postos de artesanía e de comida, e atraccións como danza do ventre, como lapas ou monicreques. Ao redor dunha trintena de postos congregaranse na zona que queda detrás da capela da Milagrosa e ao carón da pistapolideportiva. A feira comeza o venres, de cinco da tarde a dez da noite, e continuará o sábado, de once da mañá a dez da noite e o domingo, de once da mañá a nove da noite. Máis info, aquí.
De bares con moita arte
Ademais, nesta finde prosegue a exposición colectiva “Tómalle unha con arte”. Catorce artistas con raíces ou vinculación a Carballo, e ligados á asociación local, Crea formas con arte, expoñen noutros tantos locais da vila até final del mes.
Fotografía, pintura, gravado e moito máis en cafetarías, pubs, tascas e restaurantes da vila, dando conta das e dos creadores da zona, que xa levan organizado neste ano varias iniciativas colectivas, como a feira de arte Mostrarte, a principios de ano, ou a exposición de gravado, a inicios da primavera. A mostra colectiva estará aberta até finais de mes. Consulta aquí toda a info sobra as e os creadores participantes e os locais nos que expoñen. Máis info, aquí.
Un sábado de deporte e música tradicional
Ademais, o sábado teremos exposición de Takwondo na Praza do concello a apartir das sete da tarde. Contará con toda unha campioa de España e subcampioa de Europa, Adriana Lista, e cos campións de España en combate por equipos. Tamén asistirá Pastor Carracedo, VDAM e instructor internacional de Vital Fitness. Ás nove da tarde do sábado, o noso coro máis tradicional Aires de Bergantiños, celebrará o seu aniversario. E xa van case corenta. O coro naceu en 1995 a iniciativa dun grupo de persoas, impulsadas polo Xestal, que se animaron a xuntarse para recuperar e divulgar o folclore tradicional galego. O coro, que forma parte da Federación Galega de Corais, ten realizadas duas gravacións sonoras.
E o domingo, carreira popular
O domingo, terá lugar unha das citas deportivas clásicas do concello carballés, a súa carreira popular, que conta ademais con gran participación de xente de fóra do concello. Preto de 1.500 persoas inscribíronse desta vez na carreira, que é ademais proba oficial da Federación Galega de Atletismo. Serán 10 quilómetros de percorrido para as categorías veterán, junior e promesa, e entre 1 e 5 para alevín, infantil, benxamín e xuvenil. Os dorsais recolleranse na Praza do Concello de 9.30 a 11.15 e tamén, o día anterior, no primeiro andar do Mercado Municipal, de 18.00 a 20.00 horas. Máis info, aquí.