Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Cafeterías con moita arte

Compartir:

Cafeterías con moita arte

Catorce artistas con raíces ou vinculación a Carballo expoñen noutros tantos locais da vila até final de mes

Non paran. As e os artistas carballeses están a aplicar con toda a súa intensidade a máxima de que a unión fai a forza. Viñan xuntándose ano a ano para a exposición colectiva do San Xoán pero este ano intensificaron o seu man a man. Tanto é así que, trala feira "Mercarte", que no nadal organizaron no segundo andar do mercado, decidiron constituírse como asociación. Naceu deste modo "Crea formas con arte", que é a organización dunha exposición colectiva de 14 artistas ligad@s a Carballo en 14 cafeterías, pubs e locais hostaleiros carballeses. Cada un dos locais acolla varias obras de cada artista, á venda por prezos asequíbeis, que procuran que a arte estea á man de todo o mundo.

Participan Adriana Díaz (no café Cervantes), Cristina Castro (no Dublín), Antonio Taracido (no restaurante O Xabarín), Mónica Noya (na tasca O Mexillón), Santiago Castro (no Jaque Mate), Milagros Cotelo (no Manaus), Lola Oviedo (na Cabaña), Mon Lendoiro (no pub O Patacón), Tomás Luna (no Bulevar), Isa Fernández e Jacobo Veiga (na Cova), Ana García (na viñoteca Ánfora), Miguel Couto (na cafetaría Valle Inclán), Chiña (A Pedra), Santi Picos (na cafetaría Abastos) e O´Mighelo (no Colón).

"A idea xurdiu −explícanos Mon Lendoiro−  para atraer ao público xeral. Como adoitan ser reacios a ir a exposicións, levamos a arte a locais como cafetarías onde se para moito e hai moita conversa".

A iniciativa segue a Contos de Taberna que, nos meses de abril e maio, levou a literatura aos locais carballeses, que este ano rebordan de actividade cultural.

As miradas e as disciplinas son diversas: dende a fotografía, até a escultura e a pintura ou o gravado, dende estilos máis impresionistas a máis conceptuais, dende obras centradas no corpo a outras de carácter paisaxístico. Dende quen xoga coas formas até quen o fai coas manchas. Se queres curiosear, podes facelo pola rede. No facebook e no blog de Crea Formas con Arte, podes atopar varias das obras expostas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica