Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O I Autocross Carballo inaugura a tempada no...

Compartir:

O I Autocross Carballo inaugura a tempada no Circuíto de Bértoa

Organizada pola Escudaría Máis Motor, a proba será puntuable para o Campionato Galego de Autocross

Cartel do I Autocross Carballo

Esta finde volven os motores a bruar no circuito de Bértoa.  O 1º Autocross Carballo, cuarta proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross, inaugura a tempada deste 2014. Uns 70 pilotos poñerán a punto as súas máquinas este sábado 24 de maio. Entre eles, o campión galego Gabriel Serrano, ou subcampións de españa como Juanjo Mol, ademais da presenza, entre os pilotos locais, de Michael Viñariño e Sergio Cancela.

Será a primeira proba organizada pola Escudaría Máis Motor, que comezou a súa andaina a principios de maio co afán de que Carballo se convirta na capital galega do automobilismo. Os pilotos encontraranse  cun renovado circuíto, no que se levaron a cabo, nos últimos tempos, actuacións para a mellora dos espazos, da seguridade do público, dos valados e do podio. Máis de setenta voluntarios e voluntarias contribuirán a que todo vaia "sobre rodas".

No Circuíto de Bértoa, no verán de 2013

No Circuíto de Bértoa, no verán de 2013

A xornada será intensa. Ás 9.15 terán lugar as verificacións administrativas e técnicas. Ás 12.00, comezarán os adestramentos en categoría 1.600 cc, Kart-Cross e 4x4. Pola tarde, apartir das  15.30, disputaranse as semifinais e, a partir das 17.15, as finais. A entrega de premios está prevista para as sete e media da tarde.

Carballo consolídase así no turismo de eventos deportivos, grazas tanto a aqueles organizados dende a propia vila como á actuación dos nosos equipos federados.  A semana pasada foi o Pequebasquet, apadriñado por Fernando Romay, que trouxo á vila a case 500 nenos e nenas de toda Galicia, e o 24 de maio terá lugar o trofeo ciclista Concello de Carballo. A nosa é unha vila con bo músculo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica