Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve o Carballo por Etapas

Compartir:

Volve o Carballo por Etapas

Nas dúas últimas findes de maio terá lugar o Carballo por Etapas: tapas a só un euro con menús especiais e produtos da zona en 21 estabelecementos hostaleiros da vila.

O ano pasado fíxose por primeira vez  e este mes de maio celébrase a segunda edición. O tren do Carballo por Etapas volve ás rúas da vila para levarnos pola ruta carballesa de bares, tabernas, restaurantes e mesóns a degustar e a sorprendernos con estas tapas feitas con todo o mimo, con menús especiais, con produtos orixinarios da zona, e por só un euro.

 A iniciativa fai súa unha vella máxima da sedución, atraer pola boca, é dicir, cun bo prato de comida, fomentando o atractivo turístico de Carballo con menús especiais e a partir do que nos é propio, do noso pan e dos nosos produtos do mar e da horta, e dando a coñecer a nosa variedade gastronómica.

O Carballo por Etapas, que nace da colaboración de Axober (a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños) e do Concello de Carballo, terá lugar nas últimas dúas fin de semanas de maio.

Máis de mil premios

Unha das tapas da primeira edición

Unha das tapas da primeira edición

Do 23 ao 25 de maio serán as Xornadas do Atún Calvo e  o protagonista das tapas será este peixe que é motor da principal industria conserveira da zona e unha das máis coñecidas en todo o Estado. Do 30 ao 1 de maio, as delicias do Carballo por Etapas estarán centradas nos propios produtos da comarca de Bergantiños.

Ademais, conseguirás premios directos cos rascas que poderás pedir con cada tapa. Hai máis de mil, entre tapas, gorras, camisetas e botellas magnum (botellas de viño grandes).

A primeira edición puxo altas as expectativas para esta: o ano pasado as tapas sorprenderon pola súa orixinalidade, pola súa boa presentación e, sobre todo, polo seu sabor e polo reducido do seu prezo. 

Un tren turístico, cedido polo concello de Cabana, e que o ano pasado foi un éxito sobre todo entre as e os nosos peques, levarate de local en local.


Estabelecementos participantes

Mandil corporativo

Mandil corporativo

Os horarios son de 12 a 2 da tarde e de oito a dez da noite, agás o primeiro día, o 23 de maio, que será só de 20.00 a 22.00 horas.

Os estabelecementos que participan, que este ano se incrementaron a 21, son A Barra Bar, a Cervexaría de Luís, o Bodegón O Pescador, o café bar Manaus, as cafetarías Abastos, Embajador e Ginebra, as cervexarías Ágora, Beos Coruña e A Bombonera, os mesóns A Cabaña e As Viandas, os restaurantes  Brasería Caracola, Casadela, Hórreo, Mesón do Pulpo, O Xabarín e A de Pako, a taberna O Mexillón, a tasca O Casino e a trattoria Pizzeria El Vesuvio.



Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica