Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Nesta fin de semana, teremos concerto de Bestlife, o humor de David Pérdomo, sendeirismo por Coristanco, Muxía e Camariñas, e máis presentacións nos bares de Contos de Taberna.

VENRES

Contos de taberna. Cafetaría Ágora. 20,30h. O xornalista Henrique Mariño e o artista plástico Mon Lendoiro, presentarannos o relato que fixeron para a Cafetaría Ágora, dentro da iniciativa Contos de Taberna, incluída dentro do programa Quedamos en Carballo, no que se inclúen unha serie de accións que promocionan de maneira conxunta a hostalería e a cultura local. Cunha consumición mínima de quince euros, poderás levar o conto para a casa.

Actuación de David Pérdomo. Sala A Reserva, 23.00h. David Pérdomo traeranos o seu característico humor este venres á Reserva. Pérdomo fíxose coñecido a través dos seus vídeos en youtube, nos que facía sátira de personaxes característicos da sociedade galega como o koruño, o lusista ou ou pijo.
En 2013, David Pérdomo fichou polo programa Vaya V, de V Televisión. As entradas anticipadas custan 5 euros e poden conseguirse na Reserva e na taberna O Patacón, en Carballo, no Submarino (Malpica) e no Malte (na Coruña).

SÁBADO

Andaina por Muxía. A quinta as andainas organizadas polos concellos da Costa da Morte decorrerá por terras de Muxía. A ruta, que leva por nome “Un paseo polas nubes”, levaranos a subir ao Monte Facho, dende onde poderemos contemplar unha panorámica única da comarca. O itinerario inclúe tamén un tramo costeiro por Lourido, o lugar onde se está a construír o parador de Muxía. O bus sairá da Praza do Concello ás nove. A actividade é de balde.

Contos de taberna. Cafetaría Valle Inclán, 20,30h. Alberto Ferreiro foi o único das e dos participantes na iniciativa Contos de taberna que escribiu e ao mesmo tempo ilustrou o seu relato, o que sen dúbida o fai unha proposta diferente e única.
Presentaránolo, e leránolo, o sábado,na cafetaría Valle Inclán. Son en total catorce os relatos que foron elaborados para outras tantas cafetarías e locais carballeses, baixo o pulo da Concellaría de Promoción Económica, e coa idea de aproveitar sinerxias na promoción hostaleira e a cultural.

Concerto de Bestlife. Sala A Reserva. 23.00h. O pop da banda ourensana Bestlife, nacida en 2012, chega ao local carballés este sábado. Presentarán na Sala A Reserva o que é o seu primeiro EP, “Taking you back home”. Son as súas cancións que amosan a sinxeleza como valor, con letras en inglés e unha mestura de pop inglés con sons americanos.
A entrada custa  cinco euros e con ela poderás entrar a participar no sorteo dun  instrumento feito polo luthier carballés Paoson Guitarras.

DOMINGO

Sendeirismo. Coristanco histórico. A asociación ambiental Senda Nova organiza para esta fin de semana unha das súas propostas para o Primavera en Ruta. A entidade levaranos nesta ocasión polo concello de Coristanco para amosarnos o rico patrimonio paisaxístico, arqueolóxico e histórico das parroquias de Seavia, Ferreira, Couso e Cuns.
O último día para inscribirse é o venres. A ruta irá acompañada doutras actividades paralelas e voluntarias, como "Apañados", consistente na recollida de lixo, e "Aprende con Evaristo", para mellor afondar no coñecemento da contorna. O prezo, seis euros (tres para menores de idade e persoas socias).

Sendeirismo. Camiño dos Faros. A sexta etapa do Camiño dos Faros irá dende Camariñas até Muxía. Será, con 32 quilómetros, a etapa máis longa deste roteiro sendeirista que une, ao longo de 200 quilómetros, Malpica e Fisterra. O grupo quedará en Muxía ás nove da mañá, desde onde se trasladarán en bus até o punto de partida, Camariñas.

TODA A FINDE

Primavera de cine. Até o 30 de xuño, Carballo será o lugar de Galicia onde máis barato será ir ao cine. Cun ticket d ecompra de calquera comercio de Carballo ou de calquera dos supermercados Gadis da Costa da Morte (Cee, Camariñas, Vimianzo, Baio, Carballo e A Laracha), poderás ir ao cine con outra persoa a un prezo reducido de 4,90 cada unha das entradas. O ticket deberá estar cuñado pola parte de atrás e é válido até quince días despois de efectuarse a compra. Quedan excluídas da campaña as películas de Warner, que non acepta descontos nos seus filmes as películas de Warner, que non acepta descontos nos seus filmes


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica