Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Esta finde, en Carballo, concertos, sendeirismo, cine con descontos e presentacións literarias de taberna en taberna.

VENRES

Contos de taberna. Cafetería Abastos, 20.30 h. De balde. O xornalista Santi Garrido, e a artista plástica, Cristina Castro, participaron na iniciativa Contos de Taberna elaborando man a man un relato ilustrado inspirado na cafetería Abastos. Preséntano o venres, ás oito e media da tarde. Poderás facerte con algún dos catorce relatos elaborados para "Contos de taberna" por creadoras e creadores carballeses facendo unha consumición de 15 euros ou, nas cafeterías, por tres almorzos.

Sala A Reserva. Concerto de Francis White.  23.00 h. De balde. É o deste artista, que se recoñece influenciado por nomes como John Lennon, Richard Hawley ou Velvet Underground, un pop fresco e alegre. Cancións súas como "Calipso" formaron parte da banda sonora da serie "Luna, el misterio de Calenda".

SÁBADO

Contos de taberna. Viñoteca Ánfora. De balde. Ramón Landeira escribiu e Antón Reino ilustrou o conto sobre a Viñoteca Ánfora que presentarán este día.  Son unha das varias parellas creativas de escritores/as e ilustradores/ as que participan na iniciativa Contos de taberna, que se desenvolve en Carballo dende o Dia do Libro até o Día das Letras.

Concerto de Carlos Bau. Pub Goldie. 23.00 h. Cantante e compositor, Carlos Bau conseguiu, con "Nada", o premio á mellor canción en galego. Compuxo para artistas como Nuria Fergó, Julietta Barro ou Serafín Zubiri. O pub Goldie, que semana a semana nos ameniza a noite dos sábados, tráenolo de balde.

DOMINGO

Sendeirismo. Ruta sendeirista por Malpica. 6 euros (3 para menores e soci@s) Continúa o programa do "Primavera en Ruta" da asociación Senda Nova. A entidade tennos preparada, para esta finde, unha ruta polo litoral bergantiñán, mais en concreto, pola costa de Cerqueda e Cambre. O venres é o último día no que te podes apuntar. Consulta aquí a forma de inscrición.

Contos de taberna. Café Cervantes. 20.30 h. De balde. O relato inspirado no Café Cervantes dentro da iniciativa "Contos de taberna" foi escrito por Ignacio Silva e ilustrado por Antonio Reino. Estarán o domingo neste café da rúa Gran Vía para presentárnolo.  "Contos de taberna" forma parte das actividades do programa "Quedamos en Carballo", caracterizadas por promover de forma conxunta a cultura local e a hostalería e o comercio carballés.

TODA A FINDE

Primavera de cine. Até o 30 de xuño, Carballo será o lugar de Galicia onde máis barato será ir ao cine. Cun ticket d ecompra de calquera comercio de Carballo ou de calquera dos supermercados Gadis da Costa da Morte (Cee, Camariñas, Vimianzo, Baio, Carballo e A Laracha), poderás ir ao cine con outra persoa a un prezo reducido de 4,90 cada unha das entradas. O ticket deberá estar cuñado pola parte de atrás e é válido até quince días despois de efectuarse a compra. Quedan excluídas da campaña as películas de Warner, que non acepta descontos nos seus filmes.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica