Axenda da finde
Esta fin de semana, Carballo é o centro do audiovisual na rede co Carballo Interplay. Tres días de concertos, pelis e andainas.
VENRES
Concerto-homenaxe á Revolucion dos Cravos. Pazo da Cultura. 21.00 h. Hai corenta anos, a Revolución dos Cravos púxolle fin á ditadura salazarista que rexía en Portugal dende 1926. Neste 25 de abril, xusto corenta anos despois, a asociación cultural Lumieira quere renderlle homenaxe. Farao cun concerto de balde no que veremos actuar a Manolo Bacallau e a banda De Outra Margem.
Concerto Carballo Interplay. Sala Dublín 23.00h. As bandas locais protagonizan o concerto organizado para o venres noite polo Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries de estado. Escoitaremos o punk melódico de Arabian Evils, o rock e o indie de Apart, o rock con influencias de bandas anglófonas de The Gentlemen e a Antón dj, con praza fixa na actualidade na sala A Reserva. A entrada custa tres euros.
SÁBADO
O pasado xoves, nas proxeccións do CIP
Andaina por Ponteceso. 10.00 h. A ruta desta semana do programa "Coñece a Costa da Morte” é por Ponteceso. O itinerario, de 12 quilómetros, transcorrerá na súa primeira parte pola ribeira do Anllóns. De balde.
Charlas Carballo Interplay. Fórum, pola mañá. Interveñen na mañá do sábado Roger Alatriste, cunha master class sobre o Branded Content (estratexia publicitaria a través da cal as propias marcas comerciais patrocinan e protagonizan unha webserie) e o actor e humorista Xosé Touriñán, ás 12.00h, que fará referencia ao imaxinario sobre Galicia en youtube.
Unicornibot en concerto
Proxeccións Carballo Interplay. Pazo da Cultura. 16.00h-19.30h. O sábado pola tarde terán lugar as últimas sesións de proxección da sección oficial do Carballo Interplay.
Gala de premios do Carballo Interplay. Pazo da Cultura. 20.30h. Entrega de premios ás mellores webseries de imaxe real e de animación, á mellor interpretación, ao mellor guión e premio especial do público.
Concerto Carballo Interplay. Sala Dublín, 23.00 h. O concerto terá como cabeza de cartel aos Unicornibot, exitosa banda de música rock instrumental. Actuarán co grupo Calixta e co dj compostelano Bigote Mix. A entrada custa 5 euros.
DOMINGO
Ruta polo río Chonia
Carballo Interplay. Peche. Fórum, 12.00h. O Carballo Interplay chega á súa fin o domingo pola mañá. Proxectaranse as webseries gañadoras e terá lugar o acto de peche do festival.
Ruta polo río Chonia. Trazo. As andainas á beira dos ríos non defraudan, e moito menos este fermoso itinerario deseñado pola asociación Senda Nova pola ribeira do río Chonia. En Trazo. A ruta durará todo o día. O último día para inscribirse é o venres. Prezo para maiores de idade, 6 euros (3 para menores de idade).
Camiño dos Faros. De Laxe a Camariñas. O Camiño dos Faros, a ruta sendeirista que, ao longo de 200 quilómetros une Malpica e Fisterra pola beira do mar, chega á súa quinta etapa, que irá de Laxe a Camariñas. A actividade é de balde. A quedada será en Camariñas, ás nove da mañá, dende onde se trasladará ás e aos sendeiristas ao punto de saída, en Laxe.
TODA A FINDE
Contos de taberna. Un total de catorce contos, escritos e ilustrados por creadores e creadoras carballesas, foron inspirados noutros tantos locais hosteleiros da vila. Se fas unha consumición mínima de 15 euros, ou de tres almorzos nas cafeterías, poderás conseguir o relato creado para ese local. Tes aquí toda a info.