Carballo a un paso

Inicio // Artigos // "As webseries foron un movemento un tanto...

Compartir:

"As webseries foron un movemento un tanto underground pero estes festivais estanlle dando recoñecemento"

Julio Garma, creador da coñecida webseries, Freaklances, foi convidado ao Carballo Interplay para falar do Freaklances Project, un proxecto pioneiro de distribución de webseries.

Julio Garma, nunha foto de Tamara de la Fuente

Julio Garma, nunha foto de Tamara de la Fuente

Hai cinco anos nacía "Freaklances", unha webserie de animación que narraba as aventuras e desventuras de profesionais freelance ligados ao  mundo do marketing e a comunicación. Empresas diversas dunha ou doutra maneira ligadas a ese mundo comezaron a interesarse no seu patrocinio. Desa experiencia xorde agora un proxecto pioneiro, o Freaklances Project, do que Julio Garma foi convidado a falar na mañá do venres no Fórum para o Carballo Interplay.

-Que supón, na túa opinión, a celebración por primeira vez dun festival de webseries?

-Nós somos os creadores da webserie Freaklances. Estamos encantados de que empecen a  xurdir eventos deste tipo. As webseries foron, até o de agora, un movemento un tanto underground, considerado de segunda orde, pero grazas a estes festivais estáselle dando seriedade e recoñecemento, e vano potenciar ademais a nivel de mercado e comercial. En xuño celebrarase en Madrid o FEW-webfest (o Festival Español de Webseries), que naceu case á par que o de Carballo.


-Como se poden potenciar, dende o punto de vista comercial, as webseries?

-As empresas estanse a fixar nestes novos contidos e cada vez máis estanos utilizando como forma de publicidade, pois ven que o seu target é o mesmo que o das webseries En Freaklances temos patrocinios case dende o principio de empresas, por exemplo, que ofrecen servizos para autónomos. Hai diferentes maneiras de conseguir ingresos. Pódese facer a través de canles como youtube pero, cada vez máis, estase ensaiando cos patrocinios. "Entre pipas", por exemplo, está patrocinada por Matutano.

"O Branded Content, que se traduce como contido de marca, está utilizando as webseries como canle de publicidade. Trátase de conseguir que unha marca, produto ou servizo sexa protagonista de un contido."

-Unha forma innovadora de conseguir financiamento é o Branded Content. En que consiste?

-O Branded Content, que se traduce como contido de marca, está utilizando as webseries como canle de publicidade. Trátase de conseguir que unha marca, produto ou servizo sexa protagonista de un contido. A propia roupa é a protagonista dunha webserie como "Qué me pongo by Mango". Nós estamos a traballar nunha serie de animación sobre unha empresa, "Pink Noise", de localización [dobraxe e tradución] de videoxogos, que estará ambientada na propia empresa. Chamarase "Lamers", un termo despectivo que fai referencia ao friki, ao tonto. Contaremos a través das personaxes a vida das persoas adictas aos videoxogos, con moito humor e ademais explicando os servizos que ofrece esta empresa.


-Dende Freaklances estades a apostar pola creación dunha distribuidora de webseries. En que consiste o Freaklances Project?

-Levamos cinco anos pelexando coa creación de contidos para internet e decidimos aproveitar  a nosa experiencia para a creación dunha distribuidora de webseries. Na nosa web, temos un apartado ("Lanza o teu proxecto") dedicado precisamente a esa función. Utilizamos canles como youtube, que son unha base de ingresos, buscamos patrocinadores para as webseries, temos unha tenda de merchandising e estamos en contacto tamén con canles de televisión tradicionais. Imos botar a andar a nosa propia canle on line, que se chamará fklplay, onde centralizaremos os nosos contidos.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica