Carballo a un paso

Inicio // Artigos // 10 motivos polos que non te podes perder o...

Compartir:

10 motivos polos que non te podes perder o Carballo Interplay

Preparando a gala

Preparando a gala

1. De película. O Carballo Interplay será de película. É o primeiro festival de webseries do Estado e a expectación non é pouca. Será pioneiro: a primeira vez que haxa un certame en todo o Estado que lle dea o seu recoñecido merecemento ás webseries, a primeira vez que poidamos ver unha panorámica deste innovador formato.

2. Pata negra. Poderemos ver das mellores webseries do Estado. Entre as 35 webseries  que foron seleccionadas para a sección oficial atoparemos referentes como Freaklances ou a veterana Cálico electrónico, a exitosa webserie catalana "Les Coses Grans", a premiada  "La grieta", un título ben coñecido do xénero zombie como "Cabanyal Z" ou webseries galegas como "Clases de lo social".

Unicornibot será cabeza de cartel no concerto do sábado 26

Unicornibot será cabeza de cartel no concerto do sábado 26

3. De balde. Todas as actividades do Carballo Interplay, agás os concertos, son de balde. Poderás pasarte horas vendo webseries no Pazo da Cultura, ou ir ás charlas, conferencias e master class organizadas no Fórum, e todo sen pagar un peso, é dicir, sen pagar un euro.

4. Diversión. Pasaralo ben, porque ese é un dos principais obxectivos do Carballo Interplay.  E para iso, non pode faltar a música. Á mañá e á noite, como en toda festa que se teña por tal. Venres e sábado haberá sesión vermú ao mediodía, das que se encargarán, respectivamente, os djs Antón e Bigote Mix. Venres á noite, concerto de grupos locais na Sala Dublín, con Arabian Evils, Apart, The Gentlemen e o dj Antón. E o sábado, tamén na Dublín, grupo estrela: os Unicornibot como cabeza de cartel, con Calixta e Bigote Mix.

"Tonhito, ti es especial", do obradoiro de webseries do CIP

5. Caras coñecidas. Veremos pasar rostros ben coñecidos do audiovisual, como Xosé Barato, Xulio Abonjo, Yolanda Muíños, e moitos máis, entre eles, Xosé Antonio Touriñán, a quen poderás ver o sábado, ás 12.30, falando do imaxinario sobre Galicia en you tube.

6. Estreas mundiais. Estrearase no CIP o  último capítulo da exitosa webserie "Malviviendo" (venres 25, no Pazo da Cultura) e a webserie  "Tonhito, ti es especial", elaborado polo alumnado do obradoiro de webseries organizado polo Carballo Interplay en marzo.

7. Intriga. Máis de 5.000 euros están en xogo, e os trofeos  obra orixinal do artista David Méndez. A intriga está servida. Quen se levará o premio á mellor webserie de imaxe real? E á mellor webserie de animación? Quen conseguirá o premio á mellor interpretación? E ao mellor guión? E o preio do público, quen o levará? Haberá que agardar á gala do sábado para sabelo.

Os trofeos, deseño de David Méndez

Os trofeos, deseño de David Méndez

8. Mil maneiras de crear. No CIP falaremos das innovacións que as webseries están a traer ás maneiras de contar,  accesibles ademais para todo o mundo. Só cun móbil, con algo de imaxinación, e acceso á rede se pode facer. Na mesa redonda do venres, ás 10.30, xente con ampla experiencia no mundo do audiovisual na rede falaranos das novas narrativas que se crean a partir da experimentación na rede.

9. Trucos para financiarse. A rede está a ser o refuxio de moitas e moitos creadores con ganas de facer pero con poucas portas abertas para demostralo, nun momento de crise para a industria audiovisual. A rede facilítalles unha maneira de dar a coñecer o seu talento. Pero, como sacarlle proveito? Atoparás pistas na master class sobre "branded content" ou na presentación do "Freaklances project", unha distribuidora de webseries.

10. Porque en Carballo sentiraste coma na casa. Unha vila da Costa da Morte con moita identidade, que posúe un dos máis longos areais de Galicia (Razo-Baldaio), con todos os servizos ( é unha das vilas máis grandes de Galicia), e a un paso da Coruña e de Compostela.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica