Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A elegancia en imaxes

Compartir:

A elegancia en imaxes

Até o 5 de maio, unha mostra amosaranos unha escola das fotografías presentadas este ano ao premio Xosé Manuel Eirís.

Detalle do primeiro premio

Detalle do primeiro premio

Sutileza, elegancia e forza. Así cualificou o pintor Xulio García Rivas, un dos membros do xurado do premio de fotografía Xosé Manuel Eirís, as imaxes galardoadas este 2014. Poderás velas, xunto cunha escolma das presentadas á edición deste ano, na exposición que, até o 4 de maio permanecerá aberta no terceiro andar do Pazo da Cultura, en horario de cinco a nove, todos os días da semana, e de balde.

Da repercusión do certame dan conta os destinos dos premios este ano. O primeiro foi para Cuenca, e recaeu en José Ramón Luna de la Ossa, pola obra "Una vida juntos I", unha imaxe en branco e negro moi contrastada, metáfora da propia vida que, como as árbores, non nos deixa escoller onde nacemos, mais que, queiramos ou non, nos obriga a medrar. O segundo premio foi para Barcelona, para a foto "Nadador", de Jordi Cohen Colldeforns, na que podemos aprezar toda a carga simbólica e vital do "tirarse á auga", mesmo xa en idades outonizas (de agradecer, por certo, que, nunha sociedade da imaxe na que a xuventude é valor, protagonice a imaxe un corpo maior).

O Premio Especial Carballo foi para Alberte Sánchez Regueiro, cunha imaxe que á xente da zona lle resultara ben familiar, o escaparate dunha tenda mítica na vila, a Docería Vella, coas súas coñecidas cocadas.

"Nadador", segundo premio do certame

Ademais, o xurado decicíu outorgar dous accesit, que foron para José Beut Duato, de Valencia, por Blue Nets, unha fotografía na que mar e ceo se funden, e para Ignacio Mascuñan Freijanes, de Vilagarcía de Arousa, cunha imaxe, "San Martín e o mendigo" que destaca pola súa iluminación.

Este ano foron, en total, 211 as fotografías que se presentaron a concurso, dun total de 87 candidatos e candidatas. Participaron no xurado a concelleira de Cultura e Educación, ar Eirís; Beatriz Fernández, da asociación cultural Rebeldía; Ángel Cordero, da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Luís Carré, fotógrafo publicitario industrial; o pintor Xulio García; a fotógrafa Ana García e María del Carmen Castro, animadora cultural en Carballo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica