Próxima gravación de "Happy from Carballo"
Para participar nesta iniciativa, tes que poñerte en contacto vía facebook coas empresas Comunicar e VisualkVideo.
Queres participar na gravación do "We are happy from Carballo"? Só tes que enviar unha mensaxe privada ao facebook de "Comunicar" ou de "VisualkVideo". A capital bergantiñá será o segundo lugar en Galicia en sumarse a esta iniciativa de eco mundial, que xa conta con 967 vídeos, procedentes de 102 países, con imaxes de xente bailando feliz co fondo das súas vilas e cidades ao ritmo de "Happy", o exitazo lanzado por Pharrell Williams no outono.
"Carballo será o segundo lugar en Galicia en sumarse a esta iniciativa de eco mundial, que xa conta con 967 vídeos, procedentes de 102 países, con imaxes de xente bailando feliz co fondo das súas cidades ao ritmo de "Happy", de Farrell Williams"
Se entras na web www.wearehappyfrom.com, poderás atopar vídeos feitos dende os máis diversos lugares do planeta, dende Abu Dhabi até Bos Aires, Xénova, Xerusalén, Madagascar, Nova Iork, Pamplona, París, Quito, Valencia, Sidney, Malasia ou Rabat. E, dentro de pouco, Carballo tamén formará parte deste extenso e variado elenco. Os vídeos non só transmiten contaxiosa felicidade e "bo rollo" senón que, ademais, cumpren cunha importante función turística e promocional pois, coa axuda da música, vinculan esta explosiva dose de positividade, ledicia e felicidade, aos espazos que lle serven de escenario.
"Happy" foi lanzado como por Farrell Williams en novembro do ano pasado. Fíxoo acompañado dun videoclip anunciado como o primeiro vídeo musical no mundo capaz de durar 24 horas, ganduxado por videoclips de catro minutos chegados dende diferentes partes do mundo, con persoas bailando ao ritmo desta peculiar banda sonora. A canción conseguiu ser número 1 en máis dunha vintena de países, dende o propio Estados Unidos até Xapón, e tamén en España acadou non pouca repercusión.