Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O comercio local carballés promociónase a través...

Compartir:

O comercio local carballés promociónase a través de Foursquare

Quen máis "check in" faga nos locais participantes viaxará a Turquía.

Foursquare é unha rede social que vén pisando forte nos últimos tempos. Seméllase ao facebook ou ao twitter, pero, ademais, é tamén un xogo, e neste xogo baséase a iniciativa "Chek in", unha estratexia de promoción do comercio carballés nas redes sociais que se desenvolverá ao longo do mes de abril. As clientas e os clientes que participen, cada vez que entren en cada un dos estabelecementos que forman parte da iniciativa, han de facer "check-in", é dicir, indicar no Foursquare que están aí, e deixar ademais a súa impresión. A persoa que máis check in faga levará premio: unha viaxe a Capadocia e Estambul para dúas persoas.

Como facelo

Carballo en Foursquare

Carballo en Foursquare

Participar no concurso é sinxelo. Velaquí o manual de instruccións: Primeiro, tes que inscribirte neste enlace. En segundo lugar, has de decargar a app de Foursquare. Logo, debes crear un perfil e poñer unha foto de perfil. De seguido, agrega de amigo a "Quedamos en Carballo". Por  último, visita os negocios participantes, fai check in e tipea (é dicir, comenta ou sube fotos para que quede pegada da túa visita polo estabelecemento).

O Concello quere así promover a presenza do comercio carballés nas novas tecnoloxías, mediante o desenvolvemento da plataforma 2.0. Participan na iniciativa A Fragua de Mo, Alonso Moda, Amar Moda, Autóbiles Dimolk, Aveparaíso, Balneario de Carballo, Beds, Bodegas Carballo, a cafetaría dos Baños Vellos, Confeccións Emiliano, De Maná Café e Copas, Deportes San Remo, DonClic, Frutas Bri, Mar de Encuentros, Modas Eva, Pekepelos, A de Pako, Tasca A Cova, taberna O Mexillón, Tasmania, Todo Lar (A Milagrosa), Varela Hostelaría, a viñoteca Ánfora, Yoigo Carballo e Zocas.

Carballo 2.0

A iniciativa, que está integrada no programa "Quedamos en Carballo", da Concellalía de Promoción Económica,  desenvolverase entre os días 1 e 26 de abril. Os estabelecementos participantes deberán xestionar o seu Foursquare. Todos os locais anotados contarán cun distintivo para que poidan indicar na porta ou escaparate que forman parte da iniciativa. O único que os estabelecementos precisan para participar é un móbil ou tablet con acceso a internet, baixar a app Foursquare e ter un lector de código QR instalado na tenda, que será o que has de fotografar co seu móbil para facer "check in", é dicir, para confirmar que están nese estabelecemento. As e os clientes que queiran xogar deberán anotarse e cumprir coas regras marcadas. Veña, anímaste a facer "check in" en Carballo?


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica