Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Eventos // Congresos

Compartir:

Congresos

Carballo é unha vila ben comunicada, cunha variada oferta de lecer, e con dúas completas instalacións de uso público: o Pazo da Cultura e o Fórum

As modernas instalacións do Forum, xunto coas do Pazo da Cultura, fan de Carballo unha boa alternativa para a celebración de congresos, cursos, xornadas e encontros profesionais.

Carballo está estratexicamente situado, a 30 minutos da Coruña e a 45 de Compostela, na entrada dese contorno privilexiado que a Costa da Morte é. 

Ofrece ademais, para as e os congresistas, todas as posibilidades de servizos, culturais e de ocio dunha vila grande e ben comunicada, capital de comarca, cunha animada oferta cultural e deportiva e encravada nas fermosas paraxes bergantiñás, con espazos de gran valor paisaxístico, como o litoral de Razo e Baldaio ou a ribeira do Anllóns.  

Surf, parapente, mergullo, sendeirismo, paseos a cabalo, golf, circuíto de cross… artellan un diverso abano de opcións para os momentos de descanso. Hoteis, casas de turismo rural e o balneario de augas termais conforman a oferta de aloxamento, que se complementa co abano de sabores dos produtos da terra bergantiñá presente nos nosos estabelecementos, restaurantes e casas de comidas.

O edificio Forum

O edificio Forum

O edificio Forum

O Forum Carballo é un completo espazo formativo e de encontro para o tecido empresarial e produtivo. Son en total 11.000 metros cadrados, conformados por un conxunto amplo de cinco edificios, versátiles e multifuncionais.

Dispón de salón de actos, sala de exposicións, aulas e varias salas de reunións, ademais de cafetaría e comedor. Nace con vocación de lugar de emprendemento, laboratorio de ideas e fomento das novas tecnoloxías.   

www.forumcarballo.org

O Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura é un amplo inmoble pensado como espazo de exposicións, concertos, teatro, conferencias e, en definitiva, lugar de acollida para a cultura viva.

Está dotado de auditorio, sala de exposicións, cafetaría e diversas salas para reunións, charlas e cursos. Está situado á beira do parque do Anllóns, preto do centro da vila e da estación de autobuses.

Sede do Conservatorio e da Escola de Idiomas, e con salas de lectura, televisión e para terceira idade, conta cunha animada vida social e cultural.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica