Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

O sábado e o domingo, festas, bailes e concurso de entroido na vila e nas parroquias

2º premio de carrozas en 2013

2º premio de carrozas en 2013

Sábado de entroido  

O sábado, o Entroido chegará a varias das nosas parroquias, que celebrarán os seus bailes e concursos de disfraces. Ás cinco, en Oza, no local social, haberá chocolatada e baile. Ás sete, en Berdillo, as asociacións veciñais organizarán o baile de entroido. Á mesma hora, no local social de San Cristovo, en Carballo, terá lugar un concurso de disfraces presentado polo mago Álex, , coa actuación dos grupos Ilusion e os carballeses The Gentlemen, e degustación de doces incluída. Ás oito, en Sísamo, no local social, haberá festa de entroido, con degustación de chourizos ao viño e discoteca móbil.  

Domingo de entroido  

O domingo será o día forte do entroido na vila. A partir das cinco, comezará xa o ambiente festeiro coa charanga "Os charangos", que percorrerá as rúas de Carballo. E, a partir das seis, teremos no Praza do Concello o concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que estará presentado por Triatreros. Haberá máis de 6.000 euros en premios.

O prazo de inscrición para carrozas e comparsas finalizou o venres, con sete carrozas e dez comparsas, e para modalidades de grupos e individual, remata o mesmo domingo ás cinco da tarde na propia Praza do Concello. Ás oito e media comezará o baile de disfraces coa orquestra Trébol.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica