Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Entroido en Carballo

Compartir:

O Entroido en Carballo

Hoxe, martes de Entroido, Enterro da Sardiña. A "comitiva fúnebre" sairá da Praza do Concello ás 21.00 h.

Comparsa no concurso de disfraces

Comparsa no concurso de disfraces

O entroido fíxose de rogar pero a espera valeu a pena. O domingo foi o día grande das celebracións entroideiras en Carballo.  A partir das seis da tarde, tivo lugar o concurso de disfraces, comparsas e carrozas, do que tes aquí o álbum de fotos. Case setenta imaxes con disfraces do máis peculiar.

As festas, concursos,  chocolatadas e bailes de entroido protagonizan a semana, dende o sábado 1 até o sábado 8 de marzo. Hoxe, martes de entroido, teremos festa e baile de disfraces para a terceira idade, co grupo Libertad, no Pazo da Cultura e a partir das seis da tarde. E xa entrada a noite, ás nove, sairá a comitiva do Enterro da Sardiña da Praza do Concello, onde se escenificará a súa morte, en procesión tráxico-cómica até o Parque do Anllóns. Percorrerá as rúas Coruña, Hórreo, Praza de Galicia e Fomento, até chegar ao Parque. Haberá dez subvencións de corenta euros cada unha para todos aqueles grupos formados por máis de cinco persoas (nen@s e adult@s) caracterizados con roupas e obxectos propios dunha comitiva fúnebre. 

Pero o Entroido tamén fará das súas nas parroquias este martes. De cinco a oito haberá baile infantil no local social de Sofán, e de cinco a dez, baile de Entroido no colexio de Razo.

Cances e Ardaña pecharán o tempo de entroido o sábado 8. En Cances, con festa infantil e festival musical para peques e maiores, e en Ardaña, con cea, concurso e baile de disfraces.

1º premio en carrozas

1º premio en carrozas: "Bribes Vegas"

Carrozas premiadas (adult@s)

1º premio. 450 euros. "Bribes Vegas", de Cambre
2º premio. 295 euros. "Finca Montemaior no Medievo", de Carballo
1º accésit. 150 euros. Liñaio Wars, de Negreira.
2º accésit. 110 euros. Camera dieciochesca, da Coruña

Grupos (adult@s) : 125 euros. "A viaxe do emperador: Destino Galicia", de Carballo

Individual (adult@s): 60 euros. "Choqueiro de Bergantiños"

1º premio en comparsas

1º premio en comparsas: "I love New York"

Comparsas premiadas (adult@s)

1º premio: 295 euros. "I love New York", de Carballo
2º premio: 150 euros.  "Os Simpsons no Antroido de Carballo", de Carballo
1º accésit: 100 euros. "Almorzo", de Carral  

Comparsas (infantil)  

1º premio. 250 euros. Patricius Alunus, de Carballo
2º premio. 110 euros. Pitufos do CEIP Gándara Sofán
3º premio. 60 euros. "Animadoras e quaterback", de Carballo.
1º accésit. 50 euros. "Os da mangueira", CEIP Bergantiños

Grupos (infantil)  

1º premio. 100 euros. "Muñecas de cuerda"
2º premio. 70 euros. "Mariquitas de papel"

Individual (infantil) 

1º premio. 90 euros. "Halcón", de Arteixo
2º premio. 70 euros. "El tiovivo mágico", da Coruña
3º premio. 50 euros. "Medusa negra" 
4º premio. 30 euros. "Excursionista e globo aerostático"


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica