Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Termalismo // Propiedades das aguas termais

Compartir:

Propiedades das aguas termais

Baño termal

Baño termal

De gran valor terapéutico, as augas de Carballo emerxen a unha temperatura de 42º e son especialmente recomendables para as doenzas de osos tan estendidas no noso país.  

As nosas augas contan cun alto contido en xofre, sodio e bicarbonato. Con elas poderás tratar todo tipo de afeccións reumáticas (artrose, artrite, gota, tendinite, fibromialxia…), e non reumáticas, como fracturas ou escordaduras.  

Mais tamén estas augas teñen outras propiedades curativas que permiten abordar problemas respiratorios, dixestivos, e do sistema nervioso e circulatorio. A súa composición sulfurosa convérteas nun recomendable tratamento hidratante e nutritivo para a pel.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica