Rutas a cabalo
A cabalo poderás coñecer tamén os montes e o litoral carballés. Hai roteiros polos montes de Oza, mesmo até o Monte Neme, e á beiriña do mar, de Razo a Baldaio, e mesmo alén, á beira dos acantilados e das furnas que fían a costa até Caión.
Descubrirás que cabalgar á beira do mar, en contacto coa natureza e á beira do Atlántico, é unha experiencia fermosa e única.