Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Rutas // A ruta dos pinos no mar

Compartir:

A ruta dos pinos no mar

Adéntrate por camiños á beiriña do mar que che permitirán cheiralo, ulilo e espialo entre as follas dos piñeiros

[Mapa online: https://goo.gl/pzxMSM]

Son tres horas de ruta e ao redor de preto de trinta quilómetros que che darán a coñecer o agreste litoral situado entre Razo e Malpica, así como un dos maiores referentes do territorio bergantiñán, o Monte Neme, rodeado de lendas e visible dende calquera punto da nosa comarca.

Fermosas son as vistas do espazo natural Razo-Baldaio que divisarás dende o miradoiro de Santa Mariña, cun perfil da costa que comprende o amplo areal de Razo, a zona de dunas, a lagoa e a marisma de Baldaio e mesmo alén, até as proximidades da Coruña.

A ruta dos pinos no mar

A ruta dos pinos no mar

Prosegue até Malpica, por camiños á beiriña do mar que che permitirán cheiralo, ulilo e espialo entre as follas dos piñeiros. De volta de Malpica, pasarás por lugares como Ardeleiro e Loroxo e O Ceán. Dende Cambre podes acceder ao Monte Neme, e recuperar folgos gozando da panorámica da comarca que che ofrece. Dende o seu alto poderás contemplar a vista de paxaro os concellos de Carballo e de Malpica.

En Monte Neme mestúranse a historia e a lenda. A historia dinos que este foi, no seu momento, un disputado sitio para a extracción de volframio. Na II Guerra Mundial, este mineral foi utilizado para reforzar o armamento do exército alemán. A lenda sitúa no Monte Neme a Eira das Meigas, onde disque bruxas de toda a contorna se reunían no San Xoán en compaña do propio demo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica