Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Descarga aquí o calendario de 2014 do Concello de...

Compartir:

Descarga aquí o calendario de 2014 do Concello de Carballo

Podes conseguir a versión en papel no Museo de Bergantiños no seu horario habitual

Se queres facerte cun calendario do noso concello, pero non che cadra ben achegarte ao Museo de Bergantiños, onde cho entregarán de balde na nosa Oficina de Información Turística, unha opción é que o descargues en formato pdf desta páxina.

O calendario deste ano está baseado nos principais eventos de programación cultural, deportiva e de lecer que teñen lugar no concello ao longo do ano. Ás imaxes de concertos, exposicións, competicións, festas, teatro ou danza, únense tamén diversas fotografías que ilustran algún dos nosos recunchos máis atractivos, como a praia de Razo ou a fervenza de Entrecruces.

O almanaque ten, así, cunha dobre función: turística, por unha banda, a modo de espello dalgunha das nosas estampas máis fermosas, e informativa por outra, a modo de axenda de lecer, pois ao carón de cada mes atoparás os principais eventos que nel terán lugar no noso concello. Tal é o caso dos venres culturais, do Expovoda ou do RocKarballo no inverno; da programación de danza, do Carballo por eTapas, da Semana do Libro,  e das rutas de sendeirismo ou en bicicleta na primavera; das competicións de surf, balonmán, volei-praia e autocrós, así como dos festivais Sereas e Piratas e Pop Up no verán, ou do FIOT, o noso Festival Internacional de Teatro, no outono.

Se o queres en versión papel, podes recollelo no Museo de  Bergantiños (teléfono 981 70 20 77) no seu horario habitual.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica