Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Humor, panxoliñas e hip hop en galego esta finde...

Compartir:

Humor, panxoliñas e hip hop en galego esta finde en Carballo

O televisivo Pepe Capelán e o rap de Dios ke te crew, entre as nosas propostas de lecer

Carballo  consolídase cada vez máis como escaparate musical. Se che apetece bailar ao ritmo de algo que non sexa música disco, se tes ganas de gozar con música galega en directo (e non precisamente de gaitas), o teu lugar está esta finde en Carballo. O ventes tivemos o rock de Biribirlocke e a música de fusión de Bolboreta na Sala A Reserva. Hoxe, tamén na Reserva, estará un referente do hip hop galego, Dios ke te crew. Ademais, poderemos rir a cachón co humor de Pepe Capelán, hoxe no pub Goldie a partir das doce e media e gratis, e saudar as festas que se aproximan no concerto de panxoliñas Cantos de Nadal, a partir das seis e media da tarde.

O hip hop de Dios ke te crew

O sábado, o hip hop tomará o relevo. Teremos connosco a García M.C. e Dj Mil, do colectivo Deus ke che crew, todo un referente no xénero en Galicia.  

Desde que en 2006 irromperon co seu primeiro LP "Xénese", con estupenda aceptación entre público e crítica, non deixaron de sorprender coas súas letras combativas, críticas e pegadas á realidade actual do país.  Neste 2013 fixeron dez anos, toda unha década desde que aquelas dúas bandas de rap, que entón xa se fixeron cun nome, 5 talegos e Ghamberros, decidiron fusionarse.

Pepe Capelán, o showman de moda

Esta noite, a partir das doce e media e gratis, teremos con nós o humor de Pepe Capelán, unha cara que probablemente che resulte coñecida porque non por nada está a ser considerado un dos showman de moda na TVG. 

Desde que Piñeiro  nos presentou a este mozo de Arteixo coa súa guitarra e cun humor característico, no programa "Bamboleo non o deixaron escapar". Esta noite traeranos o espectáculo "Contos dun rapaz de aldea".

Cantos de Nadal

"Con panxoliñas abrimos o groso da programación do Nadal Cultural en Carballo. Este sábado, no Pazo da Cultura, a partir das seis e media e de balde, teremos o concerto Cantos de Nadal"

Con panxoliñas abrimos o groso da programación do Nadal Cultural en Carballo. O sábado, no Pazo da Cultura, a partir das seis e media e de balde, teremos o concerto Cantos de Nadal. Xunto aos coros infantís Vagalume e Candil, que nos ofrecerannos un repertorio de panxoliñas máis clásico, poderemos viaxar no tempo aos sons que acompañaban os Nadais dos nosos avós e avoas, de man das asociacións culturais Argazo e Arume.

Lembrarannos os cantos de Nadal e de Reis tradicionais e recrearán os costumes que xiraban ao seu redor. No mesmo acto serán entregados os premios do concurso de carteis de Nadal.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica