Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Concerto gratuíto de Susa Herrera para peques

Compartir:

Concerto gratuíto de Susa Herrera para peques

Esta artista e experta en didáctica da música presenta hoxe, no Pazo, o seu último traballo,

Estamos no novembro musical carballés e, especialmente as findes, veñen cargados dun completo cóctel de sons diversos co que entrar en calor. Este venres, día de Santa Cecilia, a patroa das e dos músicos, non podía ser menos.. Esta noite, na Sala A Reserva teremos a dúas bandas viguesas, Cachalotauro e mais Atlantic Valley, e no Pazo da Cultura poderemos escoitar á cantante galego palestina Najla Shami.

Mentres, no restaurante As Viandas, teremos oportunidade de rir e pasalo ben coa música e a retranca dos laxenses que conforman "O tren da unha". E o sábado, será o tradicional festival coral de Santa Cecilia, organizado pola Coral Polifónica de Bergantiños, no Pazo da Cultura. Falámosche deles polo miúdo para que escollas o petisco musical que máis che guste.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica