Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo: a cidade onde "pintamos moito"

Compartir:

Carballo: a cidade onde "pintamos moito"

Varios muros do núcleo urbano serán transformados, por artistas e personas voluntarias, en auténticas creacións pictóricas

Caleando un dos muros que vai ser transformado en mural

Caleando un dos muros que será transformado en mural

Imaxínaste unha cidade na que o gris se transforme en arte? Esa vila existe e chámase Carballo. E non é maxia, senón a ilusión e a forza de vontade que hai detrás da iniciativa "Pintamos moito" que, dende o sábado, 16 de novembro, está a desenvolver a asociación ambiental carballesa Senda Nova con apoio do Concello.

Un total de catro muros do núcleo urbano de Carballo  verán transformados o gris do bloque e do cemento en auténticas obras de arte. Artistas da zona dirixirán os catro murais que neles se estamparán. A man de obra poñerana todas aquelas persoas que queiran participar, como os nenos e as nenas do obradoiro ambiental Sendas Carballo que xa comezaron a calear de branco o primeiro dos muros que vai ser intervido.

A iniciativa trata de que todas, de que todos, participemos á hora de poñer guapa á nosa cidade e que, facéndoo, a sintamos máis nosa, que poidamos dicir con orgullo que ese cachiño de muro dalgún modo me pertence, dalgún modo é fermoso grazas a min. Facelo é unha maneira de aprender a valorar e respectar os nosos espazos urbanos.

"A iniciativa amosará, unha vez máis, ao igual que xa fixeron en anos pasados as diversas esculturas, de prestixiosos artistas como Manuel Facal, colocadas en diversos puntos da vila, o poder da arte urbana, para transformar e embelecer"

Os motivos dos murais serán variados, con gran protagonismo do medio ambiente. Dous deles terán como protagonistas o espazo natural Razo-Baldaio e o bosque de Ribeira da Pena, un gran descoñecido que se encontra nos límites entre os concellos de Carballo e Cerceda, na parroquia de Aldemunde, e que constitúe un dos bosques autóctonos máis importantes da Costa da Morte. Os outros dous murais terán como temo o deporte e o Pedibús, a iniciativa, baseada nas proposta do prestixioso pedagogo italiano Tonucci, que está a impulsar o concello para recuperar a vila para os nenos e as nenas, facendo que poidan ir sós á escola, como antano.

Participación na dirección e supervisión dos murais coñecidas e coñecidos artistas da zona: Miguel Anxo Calvo (O´Mighelo), Milagros Cotelo, Cristina Castro, Mon Lendoiro, Antonio Reino, Isa Fernández e Santiago Picos. A iniciativa amosará, unha vez máis, ao igual que xa fixeron en anos pasados as diversas esculturas, de prestixiosos artistas como Manuel Facal, colocadas en diversos puntos da vila, o poder da arte urbana, para transformar e embelecer.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica