Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Instalados códigos QR en varios puntos de...

Compartir:

Instalados códigos QR en varios puntos de interese turístico do concello

Só tes que ter instalado no teu móbil un léctor de códigos QR. Será como levar a guía turística no móbil

Código QR no xardín da Praza do Concello

Código QR no xardín da Praza do Concello

Carballo conta xa coas últimas tecnoloxías en información turística. Neste verán colocáronse, en varios puntos de interese turístico, os chamados códigos QR.  Recoñeceralos porque semellan unha especie de código de barras punteado. E como tes que facer? Pois é sinxelo. Se apuntas coa cámara do móbil cara ao código, poderás obter ao instante información dese lugar.  Necesitarás, para iso, abrir o lector de código de barras do teu móbil. Adoitan vir preinstalados pero, se non é o caso, podes descargar unha das moitas aplicacións que existen para poder lelos.

Poderás atopar os códigos QR en lugares de especial interese de Carballo como a Praza do Concello, a sede do Concello, o Museo de Bergantiños, a Igrexa de San Xoán, a Praza de Galicia, o Balneario, o Fórum, as instalacións do mercado ou, xa fóra do casco urbano, no dolme de A Pedra Moura en Aldemunde, e na Ponte Lubiáns, ponte de orixe romana na fronteira entre os concellos de Carballo e Coristanco.

QR Code significa "quick response code" ou, traducido, código de lectura rápida. É un sistema que permite almacenar información nunha matriz de puntos dimensional, que pode ser lida mediante un soporte móbil como unha smartphone, ipad ou tablet. Turistas e visitantes acceden así de modo rápido á información do punto de interese turístico que están a visitar. A nova tecnoloxía tamén lle permitirá ao departamento de turismo municipal mellorar o seu retrato robot das persoas que nos visitan, pois facilita datos sobre frecuencia de uso e perfil das e dos usuarios.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica