Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Participa no concurso de Carballo a un paso

Compartir:

Participa no concurso de Carballo a un paso

Envíanos unha foto co teu espazo, momento ou vivencia preferido en Carballo e consegue premio.

A campiona de Europa de longboard, Estitxu Extremo

A campiona de Europa de longboard, Estitxu Extremo

Apeteceríache unha noite nunha casa de turismo rural de balde? Ou un circuito gratuito nun balneario termal? Ou unha xornada de surf, golf ou montando a cabalo sen pagar un patacón, ou mellor dito, un euro? Pois podes conseguilo a golpe de click. Si, a golpe de click.

Saca unha fotiño co logo da campaña turística "Carballo a un paso" no teu espazo, vivencia ou momento preferido en Carballo e envíanola como mensaxe privada á páxina facebook.com/turismodecarballo entre o sábado 3 de agosto e o domingo, 18 de agosto. Serán publicadas no facebook de turismo de Carballo na semana seguinte, a que vai do 19 ao 25 de agosto. Se a túa foto está entre as tres que consigan máis "gústame", recibirás premio.

O primeiro premio é unha cea con noite a almorzo incluído para dúas personas nun aloxamento de turismo rural de Carballo. O segundo consiste nun circuito termal para dúas persoas no Balneario de Carballo. E o terceiro, nunha xornada de aventura en Carballo para dúas persoas, a escoller entre bautismo de surf, ruta a cabalo ou golf.

Descarga aquí as bases do concurso e o logo, que has de imprimir, e anímate. Agardámoste! Deixámosche unhas fotiños que che poden servir de exemplo…

Centro ecuestre Laurel

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica