Campionato Galego de Ciclismo de Fondo en Carballo
O Campionato de Galicia de Ciclismo de Fondo celebrarase este domingo en Carballo. Un cento de deportistas, tanto de categorías femininas como de categorías masculinas, acercaranse á nosa vila este 4 de agosto, nun percorrido que partirá do Fórum de Carballo. Será este un dos eventos cos que, ao longo do ano, o Club Ciclista de Carballo celebrará neste 2013 as súas vodas de prata.
As ciclistas das categorías cadetes, junior e elite, iniciarán o percorrido ás dez da mañá. Serán un total de 32 quilómetros que pasarán por Coristanco e Rus.
Nas categorías masculinas, os cadetes saíran ás 11.15 da mañá. Será un percorrido de case 53 quilómetros, que discorrerá por Carballo, Coristanco, Cereo, Valenza e Agualada.
A categoría Junior partirá ás 13.15 horas. O traxecto terá unha lonxitude de 89 quilómetros e será similar ao anterior.