Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xullo en festas

Compartir:

Xullo en festas

Verbena

Instantánea dunha verbena no concello

No verán, as parroquias do concello rexorden en festas, música de verbena e a ledicia de, un ano máis, volver encontrarse con familiares e xente amiga na terra na que vivimos ou que nos viu nacer e medrar.

Veñen de rematarse as festas de Oza, pero quen queira verbena terá outras oportunidades esta semana. Este luns empezan as festas en Aldemunde, e o xoves Sísamo celebra o Santiago.

O luns 22 e o venres 26, Aldemunde, a máis pequena de Carballo, á que, de ir, merece a pena visitar o dolme da Pedra da Moura e mais polo bosque de Ribeira da Pena, vístese de gala para as festas parroquiais.

O primeiro día, tanto a sesión vermú como a verbena correrán a cargo do Dúo Caramelo. O último, haberá só verbena, protagonizada polo grupo Yucatán e o dúo Diamante.

O Santiago en Sísamo

Igrexa de Sísamo

Igrexa de Sísamo

Tan só uns días despois do Carme, Sísamo estará de novo de celebración. O 25 comezan as festas parroquiais, co grupo Breixa Band e o dj David. O venres 26 será a quenda do grupo Diseño e do dj Antony. E xa o 27 tocaralle ao grupo A Sirena e á orquestra Costa Blanca. 

Haberá tamén un lugar para o deporte nestas festas grandes de Sísamo: os días 21 e 25 terá lugar o torneo de fútbol da parroquia.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica