Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Verán en ruta con Senda Nova

Compartir:

Verán en ruta con Senda Nova

Ruta nocturna de Senda Nova

Detalle do cartel de Senda Nova

Esta pasada fin de semana tivo lugar o roteiro nocturno por terras de Zas organizado pola asociación ambiental carballesa Senda Nova. Pero non é a única actividade que a entidade ten previsto para este verán.

Se non puideches inscribirte á ruta nocturna, pero apetéceche camiñar e facer algún tipo de actividade en contacto coa natureza ao mesmo tempo que aprendes máis sobre ela, terás outras oportunidades este verán.

O 30 e o 31 de agosto, Senda Nova viaxará a Asturias, ás terras de Llaviana, e en setembro, entre o 27 e o 29, volverá a terras asturianas, preto do Parque Natural de Redes, para presenciar a Berrea, o período de celo do cervo, que se chama así polo son gutural que emiten os machos.

Especialmente util, para aquelas e aqueles que gustan do sendeirismo, será o curso de iniciación á cartografía que a asociación organizará entre o 7 e o 10 de agosto.





Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica