Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Teatro e recital poético coa crise de fondo

Compartir:

Teatro e recital poético coa crise de fondo

O´Mighelo

O´Mighelo

En Carballo, si, tamén hai moita arte. Hoxe, ao serán, poderemos gozar de teatro e poesía local.

No Pazo da Cultura, e a partir das 20.30 actuarán O´Mighelo, multifacético artista plástico de Cances, que nos presentará o seu recital "Versos en B", e Carmen Cotelo, nacida tamén en Carballo, que interpretará "Tánatos". Dúas actuacións críticas, moi pegadas aos problemas do aquí e do agora.

Tánatos está escrita e dirixida por Carmen Cotelo e Diego Villar. Mestura, como traxicomedia que é, notas de drama e humor, para abordar un tema moi actual, a desesperación ante os desahucios.

A protagonista, ante o seu inminente desahucio, decide botarse a morrer de inanición na cama. Prefíreo antes de terminar na rúa. Mais, como veremos, morrer non é nada sinxelo…

Versos e contas en B

Cartel de Tánatos

Detalle do cartel de Tánatos

O´Mighelo, xoga, no título do seu recital, coas informacións tan de actualidade sobre as contas en B de destacados protagonistas da actualidade. Os seus versos abordarán  a crise de fronte. A actuación do artista de Cances durará ao redor de 20 minutos.

Ámbalas actuacións son de balde e terán lugar no terceiro andar do Pazo da Cultura, onde, até o 31 de xullo, se exhibirá está a mostra colectiva Minguarte, conformada por varias pezas de artistas da nosa contorna.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica