Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Campionato de España de Autocross, en Bértoa

Compartir:

O Campionato de España de Autocross, en Bértoa

O Circuito Municipal de Bértoa é un dos mellores de Galicia. Diso da fé a celebración, un ano máis, do Campeonato de España en Carballo. Será a terceira das probas do campionato e a primeira das dúas que se disputarán en Galicia. Contaremos, nesta ocasión, con Dani Sordo, o piloto oficial de Citroen no mundial de Rallyes.

Serán en total 73 os pilotos participantes, entre os que se encontra unha destacada representación galega, encabezada polo actual campión de España en división I, Perfecto Calviño, que circulará polas pistas de Bértoa co seu Ford Fiesta. En División II loitará o piloto pontevedrés Celestino Iglesias, quen ocupa na actualidade a segunda posición no campionato.

O sábado, dende as 14.30, poderedes ver os adestramentos oficiais e a primeira manga clasificatoria. E o domingo, dende as 9.00, a segunda manga clasificatoria e as finais.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica