Cultura refrescante para o verán carballés
Mercedes Peón
Cultura para refrescar a época estival. Ese é o obxectivo da programación do noso "Verán cultural", que está a encher de música, maxia, literatura e teatro as fins de semana dos meses de xullo e agosto. Descubrirás en Carballo unha das vilas galegas cunha oferta de ocio máis dinámica e variada.
Un dos nosos pratos fortes será Mercedes Peón. Esta que é unha das nosas artistas máis coñecidas e valentes estará en Carballo para presentarnos o seu último traballo discográfico, Sós, que seguro nos sorprenderá coa súa mestura de sons étnicos, acústicos e electrónicos.
Peón é unha artista actual que bebe da tradición para reinventala, con temas comprometidos e baseados na súa experiencia de vida. Será na Praza do Concello o venres, 23 de agosto, e de balde.
Para peques
Glup Glup Teatro
As e os peques da casa tamén teñen cabida no "Verán Cultural Carballés". Foron varias as actuacións para público infantil este verán e aínda quedan máis. O venres 26 de agosto, é a quenda do grupo Glup Glup Teatro. Especializado en teatro infantil, traerá á nosa vila o espectáculo Catalina Lino Lina, na que unha personaxe de ficción se rebela contra quen a creou. E, na Praza dos Libros, haberá varios espectáculos para os nosos nenos e nenas.
Varios dos filmes do nosa programación de cine ao aire libre e de balde, farán as delicias da xente miúda da casa, como Ice Age 3, Tadeo Jones ou Rompe Ralph!
Libros e gastronomía
Festa do Berberecho en Noicela
Non podía faltar para despedir os calores de agosto unha das nosas citas xa clásicas, a Praza dos Libros, feira literaria que encherá de libros, presentacións e actividades diversas o xardín municipal.
Estes son só algúns botóns de mostra do noso verán cultural. Pero hai moito máis, como as citas ben gorentosas das nosas festas gastronómicas. Tal é o caso da Festa do Berberecho en Noicela e da do Pichorro en Cances, as dúas o 24 deste mes.