Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Festas do San Xoán 2013 Carballo

Compartir:

Festas do San Xoán 2013 Carballo

Festas do San Xoán 2013 Carballo

Do 20 ao 25 de xuño estamos de festa en Carballo co San Xoán. Este ano trae moitas e variadas citas para que gocemos destes días festivos, que fan de Carballo un lugar de visita imprescindible. Música, concertos, atraccións, teatro, competicións deportivas, exposicións de artistas locais conforman un completo programa, no que non faltan algunha das nosas tradicións máis arraigadas, como o concurso de cacharelas, a festa do bosque, o descenso do Anllóns ou o campionato mundial de baixada de augas doces de barcos de papel.

Será un San Xoán cheo de música, e para todos os gustos. Nesta ocasión estará con nós o grupo asturiano El sueño de Morfeo, recente aínda a súa visita ao último festival de Eurovisión. O festival Rockin´ traeranos boa música en directo de man de grupos da escena independente con traxectorias tan recoñecidas como Sex Museum. E, por suposto, non faltará a música de orquestra, nesta ocasión con formacións como Los Satélites.

O San Xoán será tamén unha excelente oportunidade para gozar do noso deporte e das creacións dos nosos artistas locais. No Circuito Municipal de Bértoa, un dos mellores de toda Galicia, teremos unha cita co Campionato Galego de Autocrós. Non faltará tampouco o torneo internacional de fútbol 7, a carreira popular de dez quilómetros, o torneo Conservas Calvo Benxamín ou o torneo de peñas.

Os nosos creadores e creadoras locais exporán a súa obra no terceiro Andar do Pazo da Cultura na mostra colectiva Minguarte. Será até o 31 de xullo e reunirá a artistas de Carballo e da comarca.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica