Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Museo de Bergantiños, un convite a viaxar pola...

Compartir:

O Museo de Bergantiños, un convite a viaxar pola evolución da tecnoloxía de uso cotián

O edificio que alberga o Museo de Bergantiños foi construído no 1855, o mesmo ano no que empezou a funcionar a primeira rede electrotelegráfica do estado. Aquela foi a primeira das revolucións tecnolóxicas das que sería testemuño o inmoble público máis antigo de Carballo ao longo dos seus 167 anos de historia, e unha parte delas conforman a nova exposición permanente, na que poderedes ver auténticas xoias desa evolución tecnolóxica cedidas pola Deputación da Coruña.

O Museo de Bergantiños convídanos a realizar unha viaxe no tempo a través dos elementos que o integran, e que o van converter nun centro cultural especializado en distintas áreas da tecnoloxía de uso cotiá.

O fermoso patio central do edificio adquire un novo protagonismo, xa que se transforma no punto de recepción e de acceso de visitantes ás seis salas expositivas, cada unha cunha temática diferente, que conforman o proxecto museográfico:

  • Sala do son: o anhelo humano de gardar o son, as primeiras gravacións e a evolución dos dispositivos.
  • Sala do cálculo: a evolución das ferramentas para contar, os avances tecnolóxicos, a relación co desenvolvemento técnico e laboral e a importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala das copias: a necesidade de conservar copias de documentos, a evolución da impresora, o fax e o lector de microfilmes.
  • Sala dos computadores: a evolución dos computadores, a revolución tecnolóxica, novas formas de ocio e comunicación social, avances tecnolóxicos, relación co desenvolvemento técnico e laboral e importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala das máquinas de escribir: evolución das máquinas de escribir, o papel da muller na incorporación ao mundo laboral e a importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala do cinema: a experiencia do cinema no público.

O novo Museo de Bergantiños conta aínda cunha sala máis, a de maior tamaño, que se utilizará como espazo de aprendizaxe permanente.


Vídeos

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica