Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Cultura viva // Literatura

Compartir:

Literatura

Días das Letras Galegas

Días das Letras Galegas

O noso concello é escenario de novelas como Costa Norte/ZFK, do recoñecido narrador carballés Xurxo Borrazás. As nosas terras aparecen citadas en obras de escritores como Manolo Rivas e, dunha ou doutra maneira, está moi presente nos traballos dos nosos creadores, tanto daqueles que son carballeses de nacemento como os que o son de adopción.

Para abrírvolo apetito lector, deixámosvos uns petiscos literarios coa paisaxe e a paisanaxe carballesa de fondo. Moitos deles son autores carballeses. Outros, como Manolo Rivas, son bos coñecedores destes lares..  

"Pasou a comitiva pola Pedra da Arca, co corredor ao xeito da Bretaña, e xa dende alí, a contra nordés, botouse aos areais de Bergantiños. ¡Razo, Barrañán, Baldaio, meu señor!" Manolo Rivas en En salvaxe compaña.

"Dende o alto de Lendo mira os vales e as marismas de Baldaio, e máis aló o mar bravo da Costa da Morte, o mar que lle ha dar repouso, camiño de quen sabe onde". Xurxo Borrazás, en Criminal.

"Que vos dixen –fachendeou papá–. O tempo en Carballo e en Razo son distintos, non ten nada que ver. Habendo algo de nordés xa o limpa todo. Non falla". Xurxo Borrazás en Costa Norte / ZFK.

"O'Xestal era unha estraña celebridade na época da nosa infancia. Os seus heroes eran xente do pobo, a máis humilde, que saía triunfadora mediante o enxeño e a ironía. E falaban galego, cousa insólita nas emisións radiofónicas." Manolo Rivas en As voces baixas.

"Seus pais chegaran a Vigo desde A Brea, nos arredores de Carballo, e aprendéranlle a distinguir ben entre un bo pan e un bolo de fariña. Un dos costumes que se perderan na cidade fora o se súa a nai a voltear e examinar nas mans un molete antes de comezalo para buscarlle o dereito" Xurxo Borrazás n´A maleta.

"Ao poñente, o val de Bergantiños vaise deixando peitear polo rubién das tardiñas de San Xoán e Santiago. As illas Sisargas advírtennos dos rigores do mar infindo e despois, seguindo coa nosa procesión cardinal, a marisma de Baldaio obséquianos cos feos, leiterenas e correolas de praia nas dunas ou coas xuncáceas, carrizos ou algas na lagoa. Farruco Graña no relato "O monxe voador", no libro compilatorio Follas de Carballo.

"De vagar, polo puro pracer da mutua compañía –feita a excepción–, a conversa discorreu –hai días nos que un preferiría a xordeira– polas banais corredoiras do clima, da fermosura case salvaxe do areal de Razo, do propicias que eran as ondas autóctonas para a práctica do surf". Xurxo Chapela en Con Aroa, o último verán

"Razo canta o seu amor alucinóxeno
para que os bailaríns de tombos
conten, coas súas táboas volátiles,
o milagre da danza sobre as augas,
sobre a Galilea somerxida".

Rosalía Fernández Rial en Un mar de sensacións


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica