Queres cambiar de coche? Visita Berocasión!
Atoparás vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación en 14 concesionarios do 1 ao 4 de setembro
30 de agosto de 2022 - Berocasión xa cumpre 17 anos consolidada como a feira de vehículos de ocasión máis importante de Galicia. Esta edición, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro nos propios establecementos, volve a celebrarse co formato de xornadas de portas abertas. Se queredes cambiar de coche teredes unha ampla variedade con excelentes descontos: vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, non só con prezos moi atractivos, senón tamén con condicións especiais de financiamento. A feira, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 durante os catro días, converterá Carballo no lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.
O horario da feira é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. durante os catro días nos propios concesionarios
Da organización da feira encárgase Axober, en colaboración co Concello de Carballo. O acto oficial de presentación de Berocasión contou coa participación dos 14 concesionarios participantes; do presidente de Axober, Isidro Varela; do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e do alcalde, Evencio Ferrero. Aquí tendes o nome dos 14 participantes:
- DIMOLK - PEUGEOT
- BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
- VEHÍCULOS JUAN LEMA
- REBALCARS AUTOMÓVILES
- VILAS RAMA - CITROEN
- V-CAR - HYUNDAI
- ANTAMOTOR -NISSAN
- JGCAR
- CORGAL AUTOMOVILES KIA
- BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
- GARVI AUTOMÓVILES
- GRUPO BREOGAN - TOYOTA
- PENSADO MOTOR - SKODA
- TALLER CINCO