Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Preparádevos para o Rexenera Fest 2022!

Compartir:

Preparádevos para o Rexenera Fest 2022!

Artistas de Lituania, Países Baixos, Galicia, Euskadi e Cataluña encherán Carballo con pintura do 2 ao 13 de xuño: e este ano volven os concertos!

Rexenera Fest 2022

19 de maio de 2022 - Volve o Rexenera Fest, e as predicións artísticas anuncian intensas choivas de cores do 2 ao 13 de xuño. Virán acompañadas dunha tormenta creativa e musical, e xa vos anticipamos que deixarán pegada na paisaxe urbana. Estamos a piques de vivir a oitava edición dun Festival Internacional de Arte Pública que xa se converteu nunha cita imprescindible no panorama da arte urban< de Galicia e do norte de España. Así que, se queredes gozar do proceso creativo dos artistas, vivir o ambiente que se respira durante eses doce días en Carballo ou gozar das actividades paralelas e visitas guiadas polos murais… Visitádenos!

As creadoras e creadores que visitan Carballo este ano proceden de Lituania, Países Baixos, Euskadi, Cataluña e Galicia:

  • Daan Botlek. Artista de rúa e ilustrador dos Países Baixos, internacionalmente coñecido polos seus estraños personaxes: figuras, xeralmente esquemáticas, que crea especificamente para cada parede e que a miúdo interactúan co espazo que as rodea, entrando e saíndo de dimensións invisibles e desprendéndose da pel no proceso. O seu estilo é único, e aínda que parecen simples, os seus debuxos son extremadamente complexos.
  • Udatxo é o nome artístico de Udane Juaristi, artista guipuzcoana que mestura pintura con colaxe e a técnica do transfer para crear un estilo propio, moi recoñecible. O carácter urbano é o eixo principal das súas obras; a rúa, a súa principal fonte de inspiración: a través das fotografías que vai sacando nos seus paseos polo mundo, crea esceas cheas de vida e cor.
  • Alba F. Sacristán, profesora de Arte en Barcelona, pintora e muralista, realiza obras de inspiración clásica. A análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica están moi presentes nos seus murais, nos que reproduce unha pintura habitualmente figurativa, chea de forza e cor.
  • Marija Tiurina é a segunda representante internacional que teremos este ano no Rexenera Fest. A lituana virá a Carballo acompañada polos seus personaxes oníricos e cheos de cor para plasmar a súa paixón pola pintura e a arte.
  • Twee Muizen. A representación galega chega este ano en tándem. Twee Muizen, que en holandés significa “dous ratos”, son Denís Galocha e Cris Barrientos. El estudou Belas Artes e ela, Deseño de Moda, e despois do seu paso por Amsterdam trouxeron, ademais do nome, moitas ideas creativas. Plásmanas nos bonecos de Cris e nas pinturas de Denís. Afincados en Cataluña, pintaron o seu primeiro mural nunha sala de festas do Saviñao.

Todos os anos unha parte fundamental do festival son as ACTIVIDADES PARALELAS. Así que, ademais de pintar, Twee Muizen tamén dirixirán un Obradoiro de iniciación a o tufting gun, ou tapices con la, que se celebrará do 8 ao 10 de xuño . O prazo de inscrición  xa está aberto. Para participar só tes que enviar un correo electrónico anexando o teu portfolio a <actividades@rexenerafest.gal>.

Ademais deste taller, un ano máis haberá as rutas guiadas por todos os murais, xogos en familia e, o sábado 11, sesión vermú con Familia Caamagno e DJ Mil, que estará tamén na festa  de peche. Toda a info terala puntualmente nas redes sociais:

TODA A INFO POLO MIÚDO EN:


    Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica