Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Carballo Interplay defende o talento autóctono

Compartir:

O Carballo Interplay defende o talento autóctono

O festival celébrase entre o 6 e o 9 de abril e contará cunhas escolas para fomentar os contidos en galego dirixidas a alumnado dos institutos

NOVAS RELACIONADAS:
Aberto o prazo para presentar series ao Carballo Interplay

16 de marzo de 2022
- O Carballo Interplay mantén o seu compromiso co talento galego na súa novena edición, que terá lugar os días 6, 7, 8 y 9 de abril. Con esta iniciativa, preténdese reivindicar a creación de contidos dixitais dende Galicia e en galego, xa sexa en redes sociais coma Youtube ou Tiktok, no eido audiovisual ou en formato podcast. Nesta ocasión, os contidos galegos protagonizarán a xornada do xoves 7 de abril, que contará con actividades coma a grabación dun podcast en directo,o pitching de iniciativas que optarán ao premio de “Mellor proxecto de serie web” ou a celebración do décimo aniversario da webserie Angélica y Roberta.

O xoves 7 de abril o festival estará dedicado integramente aos contidos dixitais realizados desde Galicia e en galego

O día comenzará ás 10.30 h. co Certame Dinosaurio Escolas, unha nova iniciativa que busca fomentar a creación de contidos audiovisuais orixinais en galego mediante a creación de capítulos da serie DINOSAURIO. O certame estará dirixido aos niveis educativos de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. De entre todos os traballos recibidos seleccionaranse 10 capítulos finalistas que se proxectarán na 10ª edición do festival. Ademáis, neste encontro cos centros educativos tamén se proxectará a serie Cacola, gañadora do premio a proxecto en galego 2020, da man do seu creador, David Fidalgo.

Ás 12.00 h. terá lugar a gravación en directo de Petiscos no Derby, un formato especial e exclusivo para o Carballo Interplay do podcast Café Derby. Este proxecto, creado por Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol nace de conversas na cociña dun piso de estudantes que co paso do tempo se converteron en tertulias profesionais con invitados relacionados ca cultura galega. Nesta ocasión estarán acompañados da divulgadora Tamara Pazos (Putament), a youtuber e tiktoker Prado Rúa, a xornalista Esther Estévez, cara visible de “Dígocho Eu!”, o youtuber OlaxonMario e o músico Berto.

Mellor proxecto de serie web

Pola tarde, ás 18.30 h., terá lugar a final do o pitching de iniciativas que optarán ao premio de “Mellor proxecto de serie web”, na que as finalistas presentarán a súa proposta de webserie ante un xurado que decidirá cal será a que reciba 3.000 euros de financiación para a realización dos seus tres primeiros episodios. Este é o único premio destas características que existe en todo o estado español, e deu lugar a creacións coma Peter Brandon (premio Mestre Mateo), Hai vida en Bran?, Sígueme, Xan, Amnesia 3.0, Cacola ou a gañadora da última edición, Pringadas, de Belén Puime. Para terminar a xornada, ás 22.30 h. terá lugar a festa de décimo aniversario de Angélica y Roberta, coa emisión do capítulo especial grabado para conmemorar os dez anos dunha das webseries galegas máis icónicas da historia.

O talento galego non remata o xoves, o venres 8 ás 18.30 h. proxectaranse en exclusiva os primeros tres episodios de Pringadas, de Belén Puime, a webserie gañadora do “Mellor proxecto de serie web” da edición pasada. A serie conta a historia de tres compañeiras de piso que viven en Santiago de Compostela e teñen que aprender a lidiar con rupturas amorosas, o sentimento de non pertencer a ningún lado e o diagnóstico dunha ETS, capturando cun ton honesto e desenfadado a realidade dunha gran parte da mocidade universitaria galega.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica