Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A rúa: protagonista do Entroido de Carballo

Compartir:

A rúa: protagonista do Entroido de Carballo

Este ano optouse por non celebrar o concurso de disfraces, pero o programa está cheo de obradoiros, música, pasarrúas, charangas e actuacións

24 de febreiro de 2022 - Un ano máis, debido á situación sanitaria, Carballo opta por non celebrar o concurso e desfile de disfraces de Entroido. Pero iso non quere dicir que non podamos desfrutar destas datas. O obxectivo é que os disfraces enchan as rúas e as redes co espírito de don Carnal. A música e as actividades infantís son as protagonistas dunhas festas con charangas, pasarrúas, xogos, obradoiros, circo, o Enterro da Sardiña e mesmo un festival infantil.

Queremos animarvos a participar en todas estas actividades e, sobre todo, a manter moi vivo o espírito do Entroido cos vosos disfraces. E animais poderedes compartilos, un ano máis, nas nosas redes sociais. Tanto en Facebook coma en Instagram deberedes utilizar o cancelo #EntroidoCarballo e etiquetar, respectivamente, as contas @CulturaCarballo e @carballomola. A vosa participación terá premio!

En todo caso, aquí vos deixamos o programa de actividades!

Venres 25

  • 18.30 horas. Actuación e pasarrúas da Charanga Santa Compaña.
  • 20.30 horas. Proxección do monólogo “Aquí tou!”, de Xosé A. Touriñán, na Biblioteca Rego da Balsa. Colaboran a Deputación da Coruña e R. Poderás divertirte dun espectáculo de humor a través dos códigos propios do cine, realizado con varias cámaras e unha coidada dirección de arte e fotografía.  
Sábado 26
  • 12.00 horas. Actuación de pasarrúas da Charanga Santa Compaña.
  • 17.00 a 20.00 horas. Enredos de Entroido. Xogos para nenos e nenas na Praza do Concello (no caso de choiva trasladaranse ao Mercado Municipal).
Domingo 27
  • 17.00 horas. Actuación e pasarrúas da Charanga BB+.
Luns 28
  • 11.00 a 13.00 horas. Obradoiros de Entroido na Biblioteca Rego da Balsa: “Mural das choqueiradas”.
  • 17.00 a 20.00 horas. Obradoiros de Entroido na Biblioteca Rego da Balsa: “Psicodélicas lentes xigantes". Ámbolos dous con inscrición previa.
Martes 1
  • 17.00 horas. Pasarrúas circense Cía Moc Moc.
  • 18.00 horas. Actuación e pasarrúas da Charanga Santa Compaña.
  • 19.30 horas. Enterro da Sardiña no palco da música do Parque do Anllóns, cos grupos de teatro de Vagalume Animación.

Sábado 5
  • 20.00 horas. Festival con actuación infantil das “Tanchugeiras de Cances” e baile con Rocío Pérez. Centro Social de Cances. Organiza: Asociación Cultural San Campio.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica